venres, 6 de marzo de 2026

O bosque: animais invasores !


Nestes días estivemos rematando cos cabaliños do demo outros, animais ameazados para pasar a animais invasores presentes na área de Cospeito e outros animais nos que nos fomos interesando.
Comezamos  preparando unha manualidade de cabaliños do demo para a parte de animais ameazados que rematamos na semana anterior e como finalización das investigacións deste animaliño.


Seguiron traendo materiais para xogar, investigar e decorar a nosa aula.
Alen R presentou un debuxiño do bosque. Falounos de cada animal e explicounos todo o que recordaba de cada un.

 Erea trouxo un  conto e un par de manualidades relacionadas que fixo coa axuda da súa familia. Leunos o conto e falamos dos animais que trouxo. Xa sabemos moitas cousiñas novas!


Hugo fixo e presentou unha maqueta moi chula repleta de animais. Explicou todo o que sabía de cada un, comentaron moitos datos e experiencias con estos animais.
Dana sorprendeunos cun erizo precioso.  Como é un animal que xa ten aparecido en clase xa sabemos moitas cousas sobre el e puidemos facer un repasiño de todo o que sabemos. 
Continuamos co traballo en papel, pero sempre complementando con investigacións en libros e no ordenador para completar informacións, contrastar ideas e comprobar datos. 

Prestamos especial atención ós animais invasores que temos na nosa zona. Froito das conversas de aula e dos seus intereses prestamos especial atención a MAPACHES, VISÓNS e vespas VELUTINAS. Tivemos que investigar bastante e logo fixemos a recollida en papel.




Completamos coa lectura de contos e manualidades.



Aquí un par de vídeos que nos fixeron gracia en clase cando investigamos.



Coñecemos máis sobre outros animais próximos que nos chaman moito a atención, como os xabaríns.

Aproveitamos o soliño para visitar o estanque do cole que ten novos inquilinos, unha familia de ras estupenda!

O que nos deu pe a investigar e recollelo el papel.





Tivemos xogos cos animais e plantas dos nosos bosques que estamos traballando na aula. Xa son unha pila!
Xogamos ó bingo cos sons dos nomes de animais que estamos estudando e pasámolo pipa!



Estrenamos un novo xogo de sopro.



Tamén un xogo de CAZA LETRAS empregando animais dos aportados dende as casas.


Seguimos empregando a MESA DE EXPERIMENTACIÓN para xogo libre e  a escritura de palabras en maiúsculas e minúsculas cos nosos cabaliños do demo!


O 8 de marzo conmemoramos o DÍA DA MULLER e publicaremos unha entrada dunha actividade especial que realizamos o mércores aproveitando o bo tempo. Pero hoxe, sendo a víspera, contamos un conto de Carapuchiña vermella un pouco diferente e sobre o que puidemos reflexionar un pouco xuntos.

Aquí os debuxos do conto.



Por último, queda inaugurada a sección de contacontos! 

Dende sempre foron colaborando ó contar os contos que traen da casa, pero agora fano soíños de todo (ou con algo de axuda se o precisan). Así que, como vos sinalei por abalar, agora poden traer contos da casa para contar na aula. 

Aquí os que se foron atrevendo a contar sós ou case sós os seus contos ata agora, no espazo de contacontos.


Nesta semana recibimos unha chea de noticias relacionadas co proxecto que fomos lendo e comentando. Para a próxima semana conmemoramos a SEMANA DA PRENSA e traballaremos máis sobre as noticias que nos fostes mandando.

Grazas por colaborar!










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!