venres, 20 de marzo de 2026

C de Carlota e as troitas!

  Esta semana traballamos a letra C, a da nosa compi Carlota e falamos das troitas.

Momentos da asamblea.
O venres despois do cole comeza a nova estación: a primavera, o encargado cambiou á arbore da estación.

Traballando os conceptos grande e pequeno para clasificalos según o seu tamaño.




C de Carlota
Comezamos debuxando a súa cara na súa letra, pouco a pouco imos enchendo de letras os nosos chaveiros de letras.
Practicando a súa letra na pizarra.
Primeiro Carlota díxonos as letras do seu nome e debuxouse.
Despois fixemos o mesmo nós na súa ficha.
Poñendo gomets na C.
Repasando o nome, cazando c e pintando co dediño máxico. Carlota ten un nome longo.

Pegando e repasando as letras do nome da nosa compi.
Por último, debuxamos e escribimos o nome de CARLOTA.
Novas bolsas da biblio, agardamos que estas nos duren un chisquiño máis sen romper.



RECANTO DO PROXECTO
Leo López trouxonos un crebacabezas, tiña moitas pezas pero el soíño fíxoo nun periquete.

E explicounos a todos o que había na imaxe do puzzle.
Adri gustanlle moito as manualidades, explicounos como fixo este caracol tan orixinal xunto coa súa mamá.
Roi chegou o cole moi contento co seu conto. Páxina a páxina ia abrindo ventás e aparecían animais. Foi moi divertido ir descubrindo quen se agochaba tras esas ventás.

Traballando sobre o  papel. Tocou contar árbores!
Comezou a pesca, e na clase falamos das troitas. Onde vivían, que comían e preguntamos se na casa dalgún neno/a había pescadores. Dani e Leo López sairon explicarnos como se pescaba e como funcionaba a caña de pescar. Eles coñecen pescadores e saben como se pesca. 
Despois pintamos unha troita, o efecto brillante démosllo cun pouquiño de brilli brilli.
E quedaron así de fermosas as nosas troitas!
MOCHILA VIAXEIRA
Souhaila debuxou os tres porquiños coa axuda da súa mamá. Tamén debuxaron as tres casas. Moi ben!!

A seguinte viaxe da mochila é na casa de Dennis.
Ata luns peques! Bo fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!