mércores, 25 de marzo de 2026

ACTIVIDADES DAS FAMILIAS DE CATRO ANOS

 

A mamá de Valentina visitounos para contarnos un conto titulado “Semillas”, no que aprendemos a importancia das sementes, do coidado das plantas e de como medran pouco a pouco ata converterse en fermosas flores.

Despois de escoitar o conto, fixemos unha pequena posta en común na que falamos sobre o que máis nos gustara . A continuación, realizamos unha actividade: pintamos unhas flores empregando rotuladores fluorescentes, prestando atención aos detalles e ás cores que máis nos gustaban. Logo, recortamos coidadosamente cada unha das flores e, para rematar, agochamos unha semente dentro de cada unha delas.

Unha vez rematada a actividade, apagamos as luces e puxemos luz negra, e foi nese momento cando aconteceu a maxia: as nosas flores comezaron a brillar intensamente, creando un ambiente sorprendente e cheo de cor.

Foi unha actividade moi especial, na que aprendemos, creamos e desfrutamos ao mesmo tempo.

Moitas grazas por vir, mamá de Valentina.



















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!