venres, 27 de marzo de 2026

O bosque: chegou a primavera !

Pasa o tempo voando e xa estamos en primavera! Co inicio da nova estación comezamos a cambiar a decoración da árbore da entrada. Na nosa clase decoramos, polo momento, unhas ABELLAS. Xa as estudamos anteriormente, e profundizamos máis nestes días.

Logo puxémonos mans á obra reutilizando materiais de regugallo e restos doutras manualidades.


Quedaron moi chulis!



Seguimos interesándonos por outros animais da contorna como a TROITA.



Iniciamos investigacións sobre outros elementos, como as árbores. Vimos o PIÑEIRO e os seus elementos tendo en conta recursos que chegaron das casas e experimentos que realizamos na aula cunha PIÑA.
 



Tamén falamos e investigamos un pouco sobre o CASTIÑEIRO.


Seguimos avanzando no libro e esta lámina para crear animais a partir de FOLLAS resultou moi interesante! A ver se sabedes que animais imaxinaron...



Logo do Nadal iniciámonos nos conceptos DEREITA-ESQUERDA, que empregamos de seguido para ir interiorizándoos pouco a pouco. Temos letreiros na parte frontal da aula, nas mesas... e pouco a pouco imos tomando conciencia na vida diaria de aula e de vez en cando traballámolo tamén en papel.

Por suposto, no cole seguimos coa reciclaxe!

E como en pasadas semanas continúa a lectura por parte dos nosos contacontos!

Moitas grazas a todos e todas por colaborar. Agardo que teñades unhas felices vacacións !



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!