Momentos da asamblea.
Esta semana traballamos a L de Leo López, a última L que nos quedaba dos nosos compis. Debuxando a súa cara na letra.Practicando a L na pizarra.
Leo debuxándose na pantalla.
Todos debuxando a Leo.
Pegando gomets na L.
Cazando Ls e pintando co dediño máxico.
RECANTO DO PROXECTO
Iago trouxo un conto no que a través dunha lupa iamos descubrindo animais escondidos.
Foi moi divertido ir descubrindo que animal se agochaba detrás das lupas de cores.
Uxía trouxonos un xogo para explorar sobre os insectos que fixo coa súa mamá.
Primeiro explicoulles aos compis como se xogaba. Había imaxes con uns botes que tiñan o insecto dentro, cada bote tapaba con unha tapa que tiña unha cor diferente. Esa cor é a pista para recoñecer como se chamaba, xa que está o nome escrito coa cor da tapa. Aproveitamos para recoñecer letras. O último xogo contiña unha linterna na que podiamos ver con máis atención como son os insectos.
Traballando no libro.
Creando animais a partir destas follas.
Que animais hai no bosque de día? Pegando pegatinas buscando a súa sombra e descubrindo que animal era.
E de noite? Observando con atención para localizar os animais e rodealos.
Esta semana coñecemos as abellas. As abellas viven en colmeas e fan mel.
Pintamos unhas raias negras
e despois picamos o corpo e as ás.
Cambiamos a decoración da clase por estas abellas molonas. Unha vez montadas decoraron con ollos móviles e fixeronlles a boca.
As abellas gústalles moito ir buscar o néctar das flores para poder fabricar o mel. Na mesa negra intentamos crear flores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!