Esta semana traballamos a D de Dennis, grabamos na radio un contiño para participar nun concurso de podcast e falamos de como o clima inflúe no día a día dos bosques.
Momentos da asamblea desta semana:
Na asamblea traballamos o conteo, nesta ocasión axudandolle a unha xoaniña a poñerlle as súas manchiñas.
Dennis debuxouse a sí mesmo e despois fixemolo os demais.
Facendo o seu nome e poñendo gomets na D.Pintando co dedo a D.
Repasando polos puntitos o nome de Dennis.
Debuxo de Dennis!! Que artistas somos!!
SEMANA DA PRENSA
Os xornais teñen noticias e nós decidimos coller unha para facer un debuxo de nós coa témpera sólida negra.
Adri trouxonos un debuxo dos animais do bosque. Coa súa mamá fixo dous ciervos e tres paxariños. Quedoulles moi chuli.
Bela trouxo un conto de sonidos, como nos gustan este contiños que intentamos averiguar de quen se trata.
O xoves contamos un conto sobre as nubes, que dependendo de como esteña o ceo pode haber moitas ou poucas, blanquiñas ou escuriñas e incluso con raios...Pintando o arco iris.
Poñendo algodón na nube. O tempo inflúe nos nosos bosques, está a puntiño de entrar a primavera e imos ver como as plantas medran, as flores florecen...
Despedidomos a semana con unha anécdota. Un dos momento de xogo...está claro que a profe saca moitas fotos que os nenos tamén collen a cámara para sacar fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!