Voltamos das vacacións de Entroido e falamos do noso disfraz, traballamos a D de Dani e seguimos enchendo o noso recanto do bosque de sabedoría.
O noso disfraz!
Momentos da asamblea:
Recanto do proxecto do bosque
Leo López trouxonos un conto moi diver, de sonidos de animais. Estabamos moi en silencio mentres ia contando o conto para descubrir de que sonido nos falaba o noso compi. Tamén coa súa mamá fixo dúas libélulas ou xa sabemos grazas ao disfraz dos nosos compis de 5, en galego cabaliños do demo.
Carlota trouxo un xogo de conteo, que ben o pasamos contando os puntiños do cogumelo e poñendo pinzas. Empregamos os números da asamblea para ir contando e recoñecendo o número coa cantidade.
Iago trouxonos un conto moi divertido, o da mosca chosca que coa axuda da profe Paula contarono moi ben e rímonos moito.
Uxía trouxo unha maqueta moi interesante porque descubrimos unha persoa que non coñeciamos: O GARDABOSQUES! Coa axuda da súa mamá e seu irmán fixeron esta manualidade que explicou moi ben como o gardabosques coida e protexe os nosos bosques.
Leo Lombao coa axuda dos seus papás fixeron esta maqueta do bosque máxico de Leo. Descubrimos un montón de animais coas súas familias e as súas casas: como as rás, os raposos, os cervos...Díxonos que o seu bosque estaba na estación de inverno porque as árbores tiñan poucas follas.
Como cambian as árbores segun as estacións? Observamos como está a nosa árbore da asamblea, toda vacía sen folliñas. Completamos con pegatinas no libro.
Uxía falounos da figura do gardabosques e andivemos investigando que fai ese home ou muller.
Comezamos a traballar a letra D de Dani.
Debuxando a súa cabeza na súa letra.
Trazandoa na pizarra.
Escribindo as letras do seu nome.
Cazando a súa letra e pintandoa con témpera.
Comezamos a trazar o número 2.
Esta semana traballamos coa ruleta e a nosa atención para localizar todo o que a ruleta nos ia mandando e tiñamonos que fixarnos ben.
MOCHILA VIAXEIRA
Bela encantoulle o conto dos tres porquiños. Coa axuda da súa mamá fixeron as tres casiñas e tamén os tres porquiños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!