sábado, 21 de febreiro de 2026

Os cumples de febreiro

  Na clase vermella en febreiro toca felicitar a Mohamed e Iago.

Primeiro fixemos un agasallo especial de recordo; decoramos a inicial do nome dos cumpleañeros coas pegadas dos nosos compis.

Que agasallo máis fermoso fixemos entre tod@s: M de Mohamed e I de Iago.






Os cumpleañeros contan e ensinan os compis. Tamén recollemos nunha ficha un debuxo do que máis nos gustou do que trouxeron.

O ESPECIAL DE MOHAMED



                                                              O ESPECIAL DE IAGO



Preparando a coroa: coa axuda da profe puxemos o nome cos sellos de letras e pegamos 4 estreliñas porque son os aniños que cumplimos. 



Os nosos compis decorándonolas coas súas pegadas.

Que chulis a coroas dos cumples de FEBREIRO!!

DÍA DA FESTA
Entre todos cantamos os parabéns.
Soplan a vela co número 4.
E fixemos 4 voltas ao sol. 



Feliz volta ó sol meus peques!. Coa bóla do mundo conmemoramos un ano máis de vida, facendo referencia simbólica á volta da terra ao redor do sol. 


Rematamos cunha super festa de bailes e cancións.

Un recordo dos cumples de febreiro soplando as catro veliñas. Parabéns!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!