venres, 6 de febreiro de 2026

O bosque: Auga e clima.

Continuamos investigando sobre a nosa contorna. A semana anterior estivemos investigando sobre os ríos e a lagoa. E nesta semana rematamos a manualidade sobre o río e traballamos sobre o clima entre outras cousas.

Como cada mes elaboramos as estadística do mes de xaneiro, comentárona e comparárona coa do curso anterior. 

Tamén falamos a modo de chuvia de ideas e investigamos sobre como o clima inflúe na paisaxe. 
Falamos do clima onde vivimos e de como nos últimos tempos chove moito. Falamos de que en Galicia chove tanto que temos máis de 100 palabras relacionadas coa chuvia. 
Buscamos en internet e entre todos lemos moitas destas palabras. Comentámolas, vimos as que coñecían e ritmos moito con algunhas!
Logo completamos unha pequena recollida das que propuxeron e fixeron un traballiño plástico para rememorar todas estas actividades.

No libro observamos e comentamos os cambios na paisaxe en cada estación e o clima en cada momento. 

Como estamos en inverno, e ó igual que no outono comezamos co decorado para o mural do cole. 
Comezamos cuns copos de neve punteados de cores.

Seguimos recibindo materiais da casa.
Alen R, que nos faltou uns días, aproveitou para ir preparando moitas cousiñas que nos presentou a súa volta.
Trouxo un mural de fotos sobre un paseo no bosque. Explicounos todo o que viu apoiándose nas fotos e fomos poñendo nome a moitos elementos.
Ademais elaborou varias manualidades empregando elementos da natureza.


Tamén fixo un cadro e uns animais con elementos que recolleron.  Un libro do bosque co que repasamos moito vocabulario do bosque, curiosidades dalgúns animais e cambios ó longo do ano.
Por último un cadro que brilla coa temática do bosque. 

 Rayan fixo un debuxo dun ourizo. Empregou cartón e pintura para facer as espiñas.  Con materiais reutilizados fixo varios animais propios do bosque: un cabaliño do demo, un oso e un moucho. Falounos deles recordando cousas que sabía e cousas que recordaba da clase e explicou moi ben cómo os fixo. Son xeniais para o xogo no recanto do bosque! Pronto investigaremos máis deles!
Un dos animais que nos chamou moito a atención ésta semana foi o ourizo. Aproveitamos para coñecer máis este animal e proseguiremos estudando este, e outros dos animais sobre os que se están interesando.


Para a semana máis!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!