xoves, 19 de febreiro de 2026

O conto da toupiña coa familia de Uxía

 Hoxe veu a nosa clase a mamá e o irmán da nosa compi Uxía contarnos un conto.
Xuntos contaronnos o conto da Toupiña.
A toupiña qería saber que era aquilo que levaba na cabeza.
Rimos moito escoitando este conto.
A familia de Uxía traía preparadas os diferentes tipos de caca. Porque dependendo do animal é dunha maneira ou de outra. Vimos que cambian en cor e en forma.

Despois Uxía repartiu unhas toupiñas para colorear e facer así unha manualidade relacionada co conto.
Pintando.
 A semana pasada pintamos os vasos para simular a casiña da toupiña: a terra.
Unha vez pintadas as toupiñas María, a mamá de Uxi, púxonos a herbiña no vaso e tamén un depresor a toupiña. Izan, o irmán de Uxía, axudou a recortar e tamén pintou a súa toupiña.
Fixo un furadiño no vaso e así xa podemos xogar a meter a toupiña na terra ou na herba.
Quedaron unhas toupiñas moi graciosas!


Moitas grazas por vir pasar un ratiño con nós e facer esta manualidade tan chuli. Ata a seguinte familia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!