A matrona que nos visitou hoxe no colexio falounos do seu traballo dun xeito moi próximo e adaptado á nosa idade. Moitas grazas a ANPA por facer posible estas charlas tan necesarias.
Contounos varios contos nos que aprendemos como os bebés van medrando pouco a pouco dentro da barriga das mamás, como é o momento do nacemento e os coidados que precisan ao chegar ao mundo.
Explicounos que, cando nacen, hai que poñerlles un gorriño e envolvelos nunha toalla, porque veñen molladiños, coma se acabasen de saír dunha piscina.
Tamén tivemos a oportunidade de escoitar o noso propio corazón e o dos nosos compañeiros, descubrindo que non todos latexan ao mesmo ritmo.
Unha das partes que máis nos gustou foi poder xogar cos bebés e compartir os contos cos compañeiros, aprendendo xuntos dunha maneira divertida.Foi unha experiencia moi bonita e enriquecedora, coa que aprendemos moito. Grazas á matrona pola súa visita e polo agarimo co que nos explicou o seu traballo.
























Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!