A semana pasada rematamos co traballo de inverno de decoración da árbore da entrada. Fixérono con copos de neve cosidos e decorados con rotus brillantes.
Neste tempo seguiron chegando cousiñas para enriquecer o noso proxecto!
Erea presentounos unha manualidade do bosque que fixo coa súa familia. Empregaron plasti e follas para facer unha maqueta da natureza. Ademais, con vascas de cacahuete fixeron un coello é un paxariño. Explicou moi ben o traballiño.
Romeo presentou unha maqueta dun bosque que fixeron con elementos recollidos da natureza. Ademais colocou varios animais e púxolles os nomes con coidado. Grazas a este traballo falamos de cada animal, das cousas que xa aprenderon deles e cousiñas que nos quedan por investigar.
Martina fixo un mural con refuxios dos animais no bosque. Falounos de cada un deles, cada un explicou detalles dos que vimos nos contos e libros ou cousas que recordaba de paseos ou visitas á natureza.
Tamén tivemos rutinas en papel para traballar distintos contidos e recoller en papel as novas informacións das investigacións de aula.
Estivemos traballando sobre animais domésticos e salvaxes. Traballamos sobre os animais ameazados, entre eles, o cabaliño do demo ó que lle adicamos especial atención.
Investigamos nos libros e contos de clase e na pantalla dixital.
Aprendemos cousiñas interesantes e Recóllennos todo en papel.
Traballamos sobre a mesa de experimentación cunhas variñas decoradas con cabaliños do demo, coas que fixeron piruetas como as libélulas de verdade sobre arroz.
Xogamos na pantalla como outras veces, pero nesta ocasión foi por equipos cun xogo de mates moi divertido.

















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!