Durante estas semanas seguimos a traballar os animais do bosque de Cospeito. Pouco a pouco seguen chegando cousas novas para o recanto do proxecto, que nos axudan a aprender, investigar e descubrir máis sobre os animais e o seu hábitat.
Grazas ás achegas de todos e todas, o recanto vaise enchendo de materiais interesantes que fan o noso traballo aínda máis especial.
Nestes días estivemos descubrindo que é un crucigrama.
Debuxiños feitos con moito cariño!
Chegou ao recanto do proxecto unha manualidade moi especial: un moucho feito con cartón. Gustounos moito e axudounos a coñecer mellor este animal do bosque, ademais de decorar o noso espazo de aprendizaxe. GRAZAS FAMILIA DE ÁUREO.
Tamén chegou ao recanto do proxecto un niño de paxariño. Foi moi interesante observalo de preto e falar sobre como viven e se coidan as aves no bosque. ICÍA relatounos a súa experiencia no bosque máxico, algúns recordabánse que foramos o ano pasado de excursión alí.
Chegou tamén ao recanto do proxecto unha fantástica máscara de xabaril. Encantounos e serviunos para falar deste animal do bosque, das súas características. Non sabemos quen se atopa detras dela...
O que nos dan as árbores(papel, leña, casa aos animais.... A través del falamos da súa importancia, do moito que nos axudan e de por que é tan necesario coidalas.
Chegou tamén un libro con follas de árbores que nos vai vir moi ben para investigar cando teñamos dúbidas. Grazas a el podemos darnos conta de que todas as árbores son diferentes: nas follas, nas cores e nos froitos, nos olores...

Unha máscara de raposo decorada con corazóns. Encantounos e serviu para falar deste animal do bosque, das súas características e hábitos.
Chegaron tamén dous paxariños que Antón nos explicou moi ben: un macho e unha femia, xunto cos seus oviños.

Despois duns días de descanso polo Entroido, á volta contaron de que se disfrazaron e plasmaron as súas ideas no papel. Foi moi divertido escoitar as historias de cada un e ver reflectidos os disfraces nas súas debuxos

A auga é moi importante para os bosques. Axuda ás árbores e plantas a medrar fortes, dálles de beber aos animais e mantén todo o bosque bonito e saudable. Para reflexionar sobre isto, fixemos as nosas gotiñas seguindo como viñan as nubes.
Ademais, seguimos traballando o trazo das letras, como a I de insectos. Aproveitamos tamén para falar de algúns deles, coñecer como son, onde viven e o seu papel no bosque. Foi unha actividade na que xuntamos a aprendizaxe da escritura coa natureza.

Polo que fixemos un cabaliño do demo aprendendo algunha das súas características como que nacen de ovos que están na auga, que son grandes voadores.

Tamén escoitamos a canción do proxecto e pintamos oa animais que aparecian, e investigamos o descoñecido o OSO FORMIGUEIRO que nos chamou moito a atención a súa lingua tan grande e como comía formigas.
Tamén aproveitamos as veces para contar animaliños
Chegou ao recuncho un globo terráqueo cheo de animaliños e árbores. Foi moi divertido exploralo e falar de como é a Terra: aprendemos que está formada por terra, auga e aire, e que nela viven plantas, árbores e animais de moitos lugares diferentes. Tamén falamos de cousas importantes como o sol, e imaxinamos que pasaría se deixase de saír: as plantas e os animais non terían calor nin luz, e todo sería moi difícil para vivir. Grazas a este globo entendemos mellor como funciona o noso planeta e o importante que é coidalo.
Un libro de investigación dos bosques, a páxina que mais lle gustou a ICÍA
Chegaron ao recuncho dous bosques: un verde e saudable e outro queimado. Observámolos e falamos do que pasou. O bosque verde estaba cheo de árbores, plantas e animais felices, mentres que o bosque queimado mostraba como o lume pode estragar todo: as árbores quedan secas, os animais teñen que marchar. Así aprendemos que temos que coidar os bosques e non facer lume, para que sigan vivos e bonitos. Tamén vimos algún vídeo e deunos moita pena ver arder os árbores.
BOA FINDE!!!!

Aproveitamos para facer unha ficha do noso libro onde aparecian diferentes árbores, miramos e eran diferentes, clasificamolos por tamaños e despois de investigar cales eran puxemoslle nome.
Chegaron ao recuncho dous bosques: un verde e saudable e outro queimado. Observámolos e falamos do que pasou. O bosque verde estaba cheo de árbores, plantas e animais felices, mentres que o bosque queimado mostraba como o lume pode estragar todo: as árbores quedan secas, os animais teñen que marchar. Así aprendemos que temos que coidar os bosques e non facer lume, para que sigan vivos e bonitos. Tamén vimos algún vídeo e deunos moita pena ver arder os árbores.
BOA FINDE!!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!