Comezan as visitas familiares á nosa aula. Hoxe viñeron contar o conto dos tres porquiños os papás de Leo Lombao.
Diego e Eva, os papás de Leo Lombao, chegaron a clase cargados de propostas.
Primeiro contáronnos o conto cos personaxes e as casiñas dos tres porquiños cun conto pop up. Soplamos para axudarlle ao lobo a derribar as casiñas.
Tamén nos trouxeron o mesmo conto proxectado na parede e xuntos recordamos o que lle pasaba o lobo e os tres porquiños.
O papá de Leo propuxonos un xogo, dividimos a clase como se fosen as casiñas dos porquiños: a de palla, a de madeira e a de ladrillo. A mamá de Leo foi a mamá de todos os porquiños e o papá de Leo o lobo. Por sorte os porquiños conseguiron que o lobo saira escopeteado porque caeu na chimenea encendida. Pasámolo moi ben.
De recordo deste día, elaboramos un porquiño de marioneta para poder contar de novo o conto nas nosas casas. Pintámolo de cores.
Os papás de Leo axudaronnos a recortar e a pegar o porquiño nos depresores.
Quedaron moi chulis.
Moitísimas grazas por vir pasar un ratiño con nós e contarnos un conto tan molón. Ata a seguinte familia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!