venres, 27 de febreiro de 2026

CUMPLES DE FEBREIRO: SABELA E ÁNGELA

 


No mes de FEBREIRO cumplen anos SABELA e ÁNGELA

As cumpleañeras traen cousiñas importantes para elas, cóntannos porque o son e fan un debuxiño de recordo.

Despois celebramos o aniversario Montessori, é unha maneira simbólica e educativa de celebrar o aniversario. Non é so unha festa, senon unha lección de vida e tempo que axuda ao alumnado a comprender o paso dos anos e o movemento da Terra arredor do Sol.

Como o facemos?

Preparamos o espazo. No chan colócase unha vela que represetna o Sol. Ao redor del , trázase un círculo que simboliza a órbita da Terra. Tamén se colocan tarxetas cos nomes dos meses. O neno ou nena que cumple sostén un globo terráqueo. Comeza de pé xunto ao mes no que naceu. Cada vez que o neno dá unha volta arredor do Sol, representa un ano da súa vida. Mentres camiña, pode contar acontecementos importantes dese ano. Ao rematar cada volta, todos din Feliz aniversario!

Despois BAILAMOS!!!!!!

As cousiñas importantes das cumpleañeras.





Facendo as coroas

Dando as voltas ao sol






e bailando!!

                                                    Parabéns Sabela e Ángela!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!