venres, 6 de febreiro de 2026

O BOSQUE: CATRO ANOS

 


Comezamos a semana cun conto dos animais da granxa e así quedaron as nosas granxas!

Momentos de xogo no patio todos xuntos


ANTÓN trouxo un puzzle de animais do bosque os que viven nos árbores e os que viven debaixo dele, ademais de facer o puzzle aproveitamos para falar un pouquiño de cada un deles.

ANTÓN tamén nos falou do ESQUIO que fixo na casa e investigamos sobre eles un pouquiño,onde viven, que comen...
MARTIÑO trouxo esta manualidade ben colorida dun caracol que tamén vive nos bosques.

ICÍA fixo unha manualidade moi natural. Contounos con moito agarimo  como a elaboraron: primeiro saíron recoller follas, observando a natureza, e despois pegáronas con coidado usando celo.
Tamén observamos como son as árbores nas diferentes estacións
YANIRA fixo unha manualidade moi brillante: dous mouchos moi agustiños na súa árbore. Observamos que era de noite, coa lúa e as estrelas a iluminar suavemente a súa escena. A creación transmitía paz e maxia, como unha noite tranquila no bosque.


No noso recuncho loce un bosque máxico cheo de animaliños que fomos colocando entre todos con moita ilusión. Gustáronnos moito, e xogamos a adiviñar quen eran, onde vivían, como se movían e que comían. Cada detalle facía que o bosque cobrase vida diante dos nosos ollos. GRAZAS ICÍA!





XIANA trouxo un conto con moita informacion de casi todos os animais do bosque, acudiremos a el cando o necesitemos, e XIANA nos axudará.
Moito nos gustou xogar co gusanillo de ANTÓN 

MARTIÑO trouxo unha árbore onde vimos moi ben as diferentes estacións nas árbores e que nos axudou a facer unha ficha do libro.




XIANA trouxo e estivemos aprendendo moitas cousas, o saltamontes ten corpo verde ou marrón, patas traseiras fortes para saltar e antenas curtas; aliméntase de herbas e vive entre a vexetación. Diferénciase do grillo en que vive de día, e salta máis.



Para rematar a semana, fixemos uns copos de neve. Primeiro pintamos as raias de branco, despois engadimos as cruces formando as súas figuras e, finalmente, recortámolos con coidado. Estes copos de neve lembráronnos ao inverno, cando todo se cobre de branco e a natureza brilla baixo a neve.



BOA FINDE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!