mércores, 25 de febreiro de 2026

O conto do bosque coa familia de Iago

 Hoxe viñeron a nosa clase os papás de Iago contarnos un conto de Iago no bosque.
Iago e o bosque das mil aventuras. Nel aparecen mini historias do que Iago xunto as súas cadeliñas se vai atopando no seu paseo polo bosque.


Iago con castañas, co raposo que sabía escoitar, co gatiño, coa ave que voaba moi alto...
Volvendo mirar o conto con moita atención.

Despois do conto decidimos facer un gatiño porque a Iago gústanlle moito os gatos. O día anterior pintamos a cara do gato con tenedores e témpera negra para que estivera seca.

Coa axuda dos papás de Iago puxemos ollos, nariz e bigotes.
Quedaron así de graciosos!
Moitas grazas por vir pasar un ratiño con nós e facer esta manualidade tan divertida. Ata a seguinte familia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!