xoves, 12 de febreiro de 2026

L de Leo Lombao e o proxecto do bosque.

Comezamos a semana facendo un biscoito para celebrar o día do amor e da amizade. Traballamos a L de Leo Lombao, recordamos a estación na que estamos, seguimos enchendo o noso recanto do bosque e traballamos sobre o noso disfraz; o de xoaniña.
Momentos da asamblea:
Inaguramos unha nova sección na asamblea, facer o debuxo e escribir o noso nome igual que o encargado nas nosas pizarras máxicas.

Decorando un copo para poñer no bosque da entrada. Empregamos témpera sólida azul e blanca.

Visitando os bonitos que están os copos de neve na nosa árbore.


A nosa mesa negra converteuse nunha pista de xeo e temos que axudarlle aos nosos pingüíns a facer trazos como por exemplo a nosa inicial ou o noso nome.






Traballamos sobre a L de Leo Lombao, é unha letra moi faciliña. Debuxando a súa cara no chaveiro das letras dos compis.
Trazandoa na pizarra.
O Leo Lombao facendo a súa ficha!!! Que artista.
Que ben nos quedou o noso compi.
Cazando as L e pintando co dedito máxico.
Poñendo gomets.
Debuxando.

Recanto do proxecto

Moitas grazas familias por colaborar nas aprendizaxes.

Jad trouxo varios animais e fomos comentando entre todos se son domésticos ou salvaxes.

Souhaila trouxo varios animaliños feitos coa axuda da súa mamá e con papeis reciclados. Un erizo, unha libélula, un moucho e un osiño.

Dennis fixo unha seta cos seus papás e contounos un contiño dos días duros que temos nas granxas. Os animais deste conto traballaban moito.

Leo Lombao contounos o seu conto de rumores do bosque, que trastiña era a teupa pero era por un bo motivo.

A semana pasada falamos das lagoas, desta vez fixemos unha manualidade. Decoramos o fondo da lagoa e puxemos un papel transparente azul para simular a auga. Pintamos un pato e unha rá e colocámolos na lagoa. Despois con acuarelas pintamos o ceo.
Xa que mañá imos a ser unhas xoaniñas, non perdemos a ocasión para deixar a nosa aula decorada coa nosa amiga máis preguntona que temos na clase: a xoaniña. Primeiro pintamos a herba con acuarela verde, despois estampamos a man como se fose unha xoaniña.
Decoramola e debuxamonos nós. 
Pequeno debate, que bosques hai en Cospeito? Os da dereita ou o da esquerda. Dennis foi moi claro, na súa casa vese as imaxes da dereita.
Despedimos o xoves con moita marcha, porque mañá toca disfrazarnos. Boas vacacións peques!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!