sábado, 9 de maio de 2026

S de Souhaila e as formigas.

 Esta semana traballamos a última letra que nos faltaba dos nosos compis, a S de Souhaila. Ademais, coñecemos uns animais moi pequeniños: as formigas!
Momentos da asamblea:

Comezamos descubrindo novo mes: MAIO


A letra de Souhaila, é un pouco difícil de trazar pero pouco a pouco irá saíndo. Non debemos confundila co número 2. Debuxando a súa cara na súa letra.
Practicando na pizarra.
Para despois seguir practicando sobre o papel e debuxar a nosa compi.
Poñendo gomets na S.
Escribindo o seu nome, xa coñecemos todas as letras!


Cazando a letra S e pintando de cor rosa.
Por último debuxamos e escribimos o nome da nosa compi. 
Super chulis!
AS FORMIGAS
Primeiro debuxamos a herba, o sol e nubes con témpera sólida.
Con esponxas redondas fixemos o seu corpo con témpera marrón.
Unha vez que secou, decoramos a nosa formiga. Quedaron moi divertidas.

As formigas son diminutas, poñen ovos, viven en formigueiros baixo a terra. Son omnívoras, comen de todo. Hai formigas por case todas as partes.

Paula esta semana acompañounos na nosa clase, o último traballiño ao que nos axudou: tiñamos que buscar os iguais nunha ficha do libro e rodoealos.
No último día da nosa profe, non so traballamos, senon que tamén bailamos, puxemos unha super sonrisa de corazón e un super abrazo. Moita sorte Paula! Neste cole sempre terás as portas abertas para vir visitarnos. Bicos mil!
Bo fin de semana!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!