xoves, 21 de maio de 2026

Do ser e do facer chairego: exposición da Microrrede da Terra Chá - O cesteiro José Anido Goiriz.


Dende o C.P.I. Plurilingüe Virxe do Monte, participamos na exposición titulada "Do ser e do facer chairego" como parte da iniciativa da microrrede de centros da Terra Chá no museo do Castro de Viladonga.
 Tivemos a sorte de ter unha demostración de Pedro Anido, fillo do coñecido como "O Cesteiro de Sistallo" ó que se homenaxea dende o noso centro.

Infantil elaborou un mural homenaxeando a José Anido Goiriz, o noso cesteiro máis querido e recoñecido en Cospeito.



O alumnado de 4º de infantil inspirouse na cestería para tecer unhas flores primaverais fermosas!





Os neneos e nenas de 5º e 6º de infantil teceron con papeis de cores como auténticos cesteiros en prácticas!




E como froito deste proxecto temos unha magnífica exposición no museo do castro de Viladonga.


A inauguración tivo gran afluencia de público.

Pedro Anido presente na inauguración.
Pedro Anido



Esta é unha iniciativa da Microrrede da Terra Chá.


A exposición manterase aberta ó público do 18 ó 5 de xuño de 10.00 a 19.00.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!