venres, 8 de maio de 2026

O BOSQUE CATRO ANOS

 

Esta semana comezamos a afondar no coñecemento das árbores da nosa contorna.
Comezamos a semana observando e identificando que accións das persoas nos bosques estaban ben e cales non, empregando unha cariña contenta ou triste.
Falamos dos froitos das árbores e realizamos un sudoku sinxelo no que tiñamos que observar que froito faltaba en cada fila.
Tamén falamos da importancia das árbores no noso mundo: axúdannos a respirar, serven de fogar para moitos animais, dánnos froitos, sombra e madeira, ademais de coidar e protexer a natureza.

E rematamos a ficha iniciandonos a suma

Cos libros do recuncho, os traballos e as cartas, buscamos información e investigamos sobre as árbores da nosa contorna.
Traballamos sobre o salgueiro, unha árbore que adoita medrar preto dos ríos e das zonas húmidas. Observamos as súas longas pólas flexibles e aprendemos como son as súas flores e que tamén se chama chorón pola forma das ramas. 

Tamén traballamos sobre o carballo, unha das árbores máis representativas da nosa contorna. Coñecemos as súas follas e os seus froitos, as landras, e descubrimos a importancia que ten como refuxio e alimento para moitos animais.
ICÍA trouxo unha manualidade onde identificamos e xogamos coas diferentes partes dunha árbore

Para a semana seguimos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!