martes, 19 de maio de 2026

Maios e Letras Galegas 2026!


O pasado venres tivo lugar a festividade dos MAIOS como cada ano no noso centro. Participou todo o alumnado coa colaboración das familias, o alumnado da Escola Infantil Municipal de Cospeito e os usuarios do Centro de Día Vila de Valverde .
Esta foi unha nova oportunidade de convivencia que todos e todas disfrutamos!


A mañá do venres todos xuntos cantaron "Rosalía pequeniña" de Uxía e Magín Blanco.

Para rematar xogos e sorisos cos nenos e nenas da escola infantil!

Ademais, con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas 2026, en infantil realizouse cunha sesión especial arredor do libro "Os fíos de Begoña" por ser a homenaxeada  Begoña Caamaño.


Remataron cuns debuxos de recordo!



Moitas grazas ás familias que puidestes colaborar coas flores para completar a estrutura do Maio deste ano!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!