venres, 22 de maio de 2026

Os mouchos e os carballos.

Estos días na clase non paramos de traballar, fixemos a flor para o día da familia, colaboramos no mural do cesteiro, fomos de excursión, colocamos as flores no maio, falamos de Begoña Caamaño e seguimos co noso proxecto.

       Momentos da asamblea:






Imos un pasiño máis, e como coñecemos moitas letras comezamos a poñer a data na pizarra o encargado do día.

E o resto de compis na pizarra máxica.
Andamos a traballar o conteo, porque ás veces liamonos un pouco. 
Facendo formas de cores.

Faltaba unha letra de coñecer, a da profe, a T de Tamara. Debuxaron na pizarra a profe o encargado dese día.
A profe ten letras que temos todos: a A, a M e a R.

Rematamos os chaveiros con todas as letras nosas!!!!

Os mouchos. Que comen? onde viven? canto descubrimos!
Traballando sobre o libro:
Facendo series, aínda nos custan algo pero pouco a pouco ímolas a ir facendo super ben.
Os bosques temos que coidalos, tivemos que fixarnos moi ben para descubrir o que facían estes nenos: non podemos tirar papeis ao chan, nin arracar as plantas. Os bosques temos que coidalos para que todos poidamos desfrutar deles.
E moito ollo as advertencias e os sinais.
Por iso queremos un bosque cheo de vida, con árbores e flores e para iso debemos reciclar porque así estamos a axudar o medio ambiente.
Picando para descubrir como debemos plantar unha árbore, xa o recordamos de cando fomos plantar as leitugas ao horto.
Imaxinando o noso bosque ideal. Primeiro pegamos unhas imaxes que viñan no libro e despois coloreamos.

Falamos dos diferentes tipos de bosques que hai. O noso seria un bosque temperado polas temperaturas que temos, no tropical fai moita calor e hai moita vexetación. Tamén falamos de dúas palabras: flora e fauna. E como parece que para a semana seguimos co bo tempo iremos investigar as árbores que hai no noso cole. 

OS CARBALLOS
Os carballos son de folla caduca, é dicir, caelles a folla no outono-inverno. O seu froito é a landra. Coas landras practicamos series, repasamos o número 3 e contamos 3 landras para colorealas.
CREBACABEZAS COA NOSA FOTO E O NOME
Primeiro escribimos o noso nome: 
Plastificamos:
A profe recortou en 4 cachos, e tocounos montar o noso crebacabezas.

MOCHILA VIAXEIRA
Abraham xunto coa súa familia debuxaron o conto de Mezclados cargado de moito colorido. Super chulo.
A seguinte viaxe é na casa de Jad.
Rematamos a semana con moito baile coa nova canción de Uxía a lambona: Odessa.

Bo fin de semana peques!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!