sábado, 9 de maio de 2026

ACTIVIDADES CON PAULA

Contáchesnos contos, fixeches xogos divertidos, recibimos moito cariño e pasámolo xenial. Un recordo especial para ti, Paula. 

 Clase de vermella (4º EI)

Traballando os conceptos grande e pequeno para clasificalos según o seu tamaño.




Coa profe Paula profundizamos nas caracteristicas das imaxes que nos ia mostrando, cores, tamaño e onde aparecian.
Fixemos de caracois e bolboretas.

BINGO DO BOSQUE
Por parellas tiñamos que ir localizando o que nos ia sacando a profe Paula.

Clase de verde (5º EI)

Con Paula fixemos dúas experinecias unha para traballar a conciencia fonolóxica onde os nenos/nenas ian sacando dunha bolsa xoguetes e adiviñaban porque letra empezaba e despois o pasamos ao papel.







Outra das actividades estivo centrada nas series. Foi Paula quen lles explicou en que consistían e quen os foi guiando paso a paso, propoñéndolles diferentes maneiras de realizalas. Comezaron con series sinxelas, atendendo a un só atributo, e pouco a pouco foron avanzando cara a outras máis complexas, combinando dous ou máis criterios.

Deste xeito, o alumnado foi desenvolvendo a súa capacidade de observación, lóxica e atención, ao tempo que aprendían xogando.

Aquí con pegatinas

Aquí con elementos da natureza


o aprendido o pasamos ao papel
e despois contamos elementos da natureza

Clase de azul (6º EI)

Traballando habilidades lingüísticas, creatividade, asociación de ideas estruturación do discurso entre outras cousas con tarxetas de personaxe, obxecto e lugar.

Traballando a lóxica - matemática cun xogo de memoria, atención, concentración, recoñecemento de patróns, orientación espacial, secuencias antes-despois. Ademais repasaron figuras xeométricas, cores, tamaños... E sobre todo pasárono moi ben!

Traballaron na pantalla dixital a serie numérica cun exercicio de estrutura ordinal na que repasaron o recoñecemento numérico, conteo, pensamento lóxico, resolución de problemas, atención e concentración.

Fixeron unha recollida de elemntos variados da natureza.


Fixeron unha actividade de clasificación libre  para traballar o desenvolvemento cognitivo, sensorial a través da exploración de elementos da contorna natural.
Entre outras cousas, traballaron o pensamento lóxico-crítico ó ter que establecer un criterio propio de clasificación dos materiais, de observación e comparación ó analizar as características dos obxectos, clasificación e seriación ó agrupar os elementos e resolución de problemas ó tomar decisións.

Tiveron unha sesión de bingo do bosque con elementos próximos. Este xogo combina, entre moitas outras cousas,  a identificación visual coa comprensión auditiva e a deducción lóxica fomentando a atención,  a concentración, compresióne dedución, asociación, identificación e memoria visual.


Actividade para traballar a lóxica - matemática de forma manipulativa cos elementos que previamente recolleron. Traballan a relación cantidade-grafía, os cardinais, conteo e ó tempo traballaron a abstracción vendo que un número como o 3 pode representar elementos moi diferentes mantendo o seu valor.

Onte tocounos despedirnos de ti, aínda que sabemos que unha parte de ti quedará sempre no noso cole. Foron meses compartindo aulas, xogos, aprendizaxes, risas e moitos momentos especiais que fixeron do teu paso por aquí algo moi bonito para todas nós.

A túa paciencia, cariño, alegría e ganas de aprender e axudar deixaron pegada en cada recuncho e en cada neno e nena cos que compartiches tempo. Fuches unha compañeira doce, implicada e sempre disposta a sumar, e iso agradécese de corazón.

Desexámosche toda a sorte nesta nova etapa que comeza. Estamos seguras de que serás unha mestra marabillosa.

Grazas por formar parte da nosa pequena familia estes meses. As portas deste cole quedarán sempre abertas para ti.

Unha forte aperta e moita sorte no teu camiño.














Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!