Esta semana fomos de ruta e investigamos as árbores do cole; recoñecemos o carballo e o castiñeiro. Botamos a imaxinación a andar para facer un toxo e seguimos traballando o conteo.
Momentos da asamblea:
Remata o mes o domingo e fixemos a noso balance do tempo.
A nosa pequena investigación polo cole en busca de árbores:
A folla do castiñeiro.
As follas dos carballos son distintas as do castiñeiro.
No cole hai moitos castiñeiros.
Coñecemos os castiñeiros. Son árbores de folla caduca como os carballos. Xogamos a facer series coas castañas, o seu froito. E tamén o conteo.
Hai unha planta silvestre que pica moito. Sabedes cal é? Ademais ten unha flor amarela chamada chorima.
Vímolos na pantalla e botamos man da imaxinación e cada neno/a debuxou un toxo.
Chulada estes toxos e chorimas. Ata nos atrevemos a escribir a palabra toxo no noso debuxo.
Seguimos co libro, case case o temos listo para que o poidades ver. Debuxando os bosques. Hai de todo: animais, plantas, árbores, nenos e nenas.
Que aprendemos deste proxecto?
MOCHILA VIAXEIRA
Jad e a súa familia fixeron un esqueleto con bastoncillos, que orixinal!.
A última viaxe deste curso é na casa de Mohamed.
Cando profe dixo que so nos quedaba un mes para rematar o cole, os nenos/as puxeronse moi contentos!!! Era unha ocasión especial e entón so por esta vez subímonos a cadeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!