venres, 22 de maio de 2026

O BOSQUE CATRO ANOS



 Estas semanas estiveron cargadas de actividade, pero seguimos coas nosas rutinas ...

de facer letras e números de diferentes formas. Hoxe tocou facelos con tiza.

Despois da excursión, fixemos unha posta en común na que comentamos o ben que o pasamos, as actividades que realizamos e aquilo que máis nos gustou da experiencia. Para rematar, elaboramos un debuxo sobre a obra de teatro que vimos, plasmando o que máis nos chamou a atención.

Tamén comezamos a familiarizarnos coas letras minúsculas, aprendendo a identificalas e a trazalas con coidado. Pouco a pouco, fomos practicando o seu trazo para mellorar a nosa escritura e gañar seguridade ao escribilas.



Estamos xa a piques de rematar o libro do bosque e elaboramos unha ficha na que reflexionamos sobre a importancia da reciclaxe para coidar a natureza e contribuír á súa protección.
Tamén traballamos a atención a través de labirintos, buscando os camiños correctos con coidado
E tamén coñecemos un castiñeiro e fomos quen de identificalo no noso colexio, observando as súas características e aprendendo a recoñecelo na contorna.
XIANA F trouxo o viveiro da súa casa e contounos de que árbores se trataban.
XIANA B contounos o conto do mago e a folla que o fixo moi ben e gustounos moito!
O outro día XIANA trouxo un castro despois de ler o conto dos bolechas e foi parar a exposición do noso cesteiro no Museo do Castro de Viladonga.
Tamén investigamos sobre os pinos
ICÍA trouxo un libro con moitas historias, vimos a das abellas, a do arco da vella ...
Hoxe salimos de ruta polo colexio e dimonos conta que temos moitas das árbores no noso cole


PINO
CASTIÑEIRO
CASTAÑAS
CARBALLO

ACIBRO


BIDUEIRO
FRUTAIS

O ESTANQUE

AS NOSAS LEITUGAS

Para a semana seguimos coas investigacións!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!