luns, 25 de maio de 2026

PROXECTO INNOVA-LAB: Leo-Lab en educación infantil.

 
En infantil prestamos unha especial atención ás actividades relacionadas coa estimulación da linguaxe e a iniciación á lectoescritura.  A continuación recollemos un resumo de algunhas das actividades conxuntas e por aulas que se realizaron neste curso escolar dentro do proxecto de innovación educativa Leo-Lab.

Entre as actividades conxuntas que se realizaron en infantil...

LECTURA NA RADIO.
Os nenos e nenas de infantil participaron nun podcast realizado con motivo do 8M e inspirado na obra de Begoña Caamaño e na reinterpretación historias cunha tónica máis feminista. En infantil fíxose unha adaptación do conto clásico de "Carapuchiña vermella" modificando a historia cara  unha visión de empoderamento da personaxe principal. Así, os nenos e nenas grabaron a lectura deste conto adaptado.

Escoita na canle de ivox:


O pódcast en vídeo:

ARREDOR DE CONTOS.
Realizáronse multitude de sesións de contacontos con interacción cos nenos e nenas de infantil.
Os avos e avoas do Centro de Día.

Recomendacións de contos da Semana do libro.




Contacontos Semana do Libro.

Contacontos 8M.

Contacontos en homenaxe ó Apalpador.

Contacontos Día das Bibliotecas.


Na clase de 4º de infantil...
Localizando a letra do seu nome no xardín das xoaniñas de letras:













Cada neno/a recoñecendo a súa incial

Facendo churros coa plasti e colocandoa na letra.
A mesa de luz cargouse de letras e buscamos a do noso nome.

A nosa mesa negra converteuse nunha pista de xeo e temos que axudarlle aos nosos pingüíns a facer trazos como por exemplo a nosa inicial ou o noso nome.






CHAVEIRO COAS LETRAS DE CADA NENO/A
ADRIÁN
ABRAHAM
IAGO
UXÍA
LEO LOMBAO
DANIEL
LUCÍA
DENNIS
CARLOTA


LEO LÓPEZ


JAD


BELA

ROI

MOHAMED


SOUHAILA



Rematamos os chaveiros con todas as letras nosas!!!!

CREBACABEZAS COA NOSA FOTO E O NOME
Primeiro escribimos o noso nome: 
Plastificamos:
A profe recortou en 4 cachos, e tocounos montar o noso crebacabezas.

 Momentos da asamblea:








Na clase de 5º de infantil...se achega ao inicio da lectura dunha maneira lúdica, manipulativa e significativa. A través dos contos do proxecto, as nenas e nenos exploran o mundo das letras, dos sons e das palabras, desenvolvendo a curiosidade e o gusto pola lectura desde idades temperás.
As actividades propostas parten do xogo e da experimentación: a busca de letras nos contos, o recoñecemento de maiúsculas e minúsculas, os xogos de asociación entre letras e imaxes ou a identificación de sons iniciais. Ademais, materiais como a caixa dos sons, os puzzles de letras e as propostas de representación das letras con diferentes materiais e formas permiten traballar a conciencia fonolóxica, a percepción visual e a motricidade fina dun xeito creativo e participativo.





Na clase de 6º de E.I. como parte do proxecto Leo-Lab realizáronse distintas actividades:

XOGOS DE SOPRO.
Traballamos a respiración e o sopro como parte dos prerequisitos da lectura.


AS NOSAS PRAXIAS!

Na asamblea practicamos coa canción "Hola, hola, hola" combinándoa coas praxias escenificadas polos nenos e nenas da clase e con algunhas variacións relacionadas co ton, volume, ritmo... 
Elaboramos un xogo en forma manipulativa e con opción dixital para practicar algunhas das praxias.




Praxias con dados.


Dados dos fomemas.


XOGO DA RULETA E AS BOLIÑAS REVOLTOSAS.

Cada neno e nena xira a ruleta e e por quendas todos reproducen o son no vasiño revoltoso.

Logo buscan palabras co fonema que tocou. 

Por último lemos unha palabra coa son que toque.


MESA DE LUZ.
Para repasar e practicar a lectura e a escritura, cada un o seu ritmo, le cousas máis sinxelas ou máis complicadas. 

ESCRITURA NA PANTALLA DIXITAL.
Practican recoñecendo a letra que sae no dado e creando unha palabra que comece/conteña a letra que sae de forma aleatoria. 


BINGO DO BOSQUE. 
Traballa vocabulario da fauna e flora dos bosques próximos en relación ó proxecto que se desenvolve en infantil e ás investigacións dentro da aula.
Relacionan a imaxe dun animal co seu nome e a letra inicial.

CAZA LETRAS.
Elixen a figuriña dun animal traballado ana aula e pescando as boliñas escriben o seu nome 



MESA DE EXPERIMENTACIÓN.
Traballamos a escritura de palabras en maiúsculas e minúsculas cos nosos cabaliños do demo!

MONSTRO COME-LETRAS.
Traballa a construción de palabras relacionadas co proxecto da natureza que se desenvolve na aula.


XOGO DIXITAL CAZA PALABRAS.
Deseñouse un xogo dixital para cazar palabras traballadas en letra minúscula.


CONTACONTOS ENTRE IGUAIS.
Traballamos a lectura mediante sesións de contacontos nas que os nenos e nenas da clase traen os seus contos favoritos para lerllos ós compañeiros e compañeiras da aula.















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!