martes, 26 de maio de 2026

ACTIVIDADES DAS FAMILIAS DE CATRO ANOS

 

A familia de Lucas visitounos para compartir con nós o conto “Os animais do bosque. Toda a verdade sobre os animais”, un libro moi interesante no que aparecen moitos animais dos nosos bosques e no que puidemos descubrir curiosidades e aprender máis sobre eles dun xeito divertido.


Despois da lectura, realizamos unha actividade moi creativa relacionada coa historia. Elaboramos unhas marionetas de xabarís e raións.

 Primeiro, picamos os buratiños con moito coidado; despois recortamos  e coloreámos ao noso. Para rematar, puxémoslles pelo de la, dándolles un toque moi especial e divertido.


Foi unha experiencia moi entretida na que traballamos a motricidade fina, a creatividade e a imaxinación, ademais de gozar compartindo un momento tan especial.

Moitas grazas por vir, familia de Lucas!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!