mércores, 1 de xullo de 2026

Axuda para o repaso de verán!


Deixamos algunhas recomendacións e recursos para verán para 3, 4 e 5 anos. 
As asembleas que poñemos son un resumo dos contidos básicos traballados no curso 25-26.

martes, 23 de xuño de 2026

venres, 19 de xuño de 2026

O BOSQUE CATRO ANOS

 



Estas últimas semanas estiveron cargadas de actividades e tarefas para pechar este curso e deixar abertas as portas a novos proxectos e ilusións para o vindeiro.

CUMPLES DE VERÁN: LUCAS, XIANA F. E LUCA

 

No mes de XULLO cumplen anos LUCAS, LUCA E XIANA F.

Fin de curso!

Chegou o final de curso e en infantil tivemos xogo nas aulas, merendola todos xuntos, recreo e logo unha sesión de xogos por equipos!

xoves, 18 de xuño de 2026

Os traballiños van para a casa! Rematamos 4º de EI

 Este mes de xuño preparamos as portadas dos nosos traballiños, estampamos o noso lobo lobito na camiseta, picamos os paxariños da bolsiña para gardar o material. Agardamos que vos guste un montón porque traballamos moi ben. Mañá é o último día e temos preparada moita festa!!

O bosque: Emocionados co remate do proxecto e fin dunha etapa!

Menudo final de curso!!! A continuación tedes as últimas tarefas e actividades, a preparación de todos traballiños para levar para casa, e un resumo da aventura que foron estos 3 anos!

Cumples do verán na clase azul: felicidades a DANA, HUGO e EREA !

 No mes de xullo cumprirán  6 anos  Dana e Hugo e en agosto Erea!

mércores, 17 de xuño de 2026

Amigos para sempre Romeo!

Como sabedes Romeo cambia de cole e na clase de azul botarémolo moito de menos! Hoxe fixeron un intercambio de recordos e todos se emocionaron un montón.

martes, 16 de xuño de 2026

Visita da familia de Alen R. !

Hoxe Alen R. e a súa familia estiveron a falarnos ce primeiros auxilios a partir dun conto moi chulo!

Os cumples de xuño e xullo

Na clase vermella en xuño toca felicitar a Leo Lombao e en xullo a Bela. Celebramos así o cumple de verán co mes de xuño, xa que despois estamos de vacacións.

luns, 15 de xuño de 2026

Rematando os traballiños

Chega a última semana de cole e andamos rematando os últimos traballiños para que todos e todas dende a casa os poidades ver na nosa compañía. Porque este primeiro ano no cole traballamos un montón!!

venres, 12 de xuño de 2026

ACTIVIDADES DAS FAMILIAS DE CATRO ANOS

 

A familia de ICÍA visitounos para compartir con nós o conto “O oso enfermeiro e os primeiros auxilios”, unha historia moi interesante coa que puidemos aprender, dun xeito divertido e próximo, como actuar en pequenas situacións de emerxencia e a importancia de axudar aos demais.

Visita dos nenos e nenas da escola infantil de Cospeito !

Como cada ano por estas datas, tivemos a visita dos nenos e nenas da Escola infantil de Cospeito!

luns, 8 de xuño de 2026

O conto do Pez Arcoiris coa familia de Roi

  Hoxe tivemos a última visita especial deste curso, viñeron contar un conto a familia de Roi. 

venres, 5 de xuño de 2026

Día do Medio Ambiente!


Hoxe 5 de xuño conmemórase o Día do Medio Ambiente e ademais de celebrar este día tan especial, celebramos que gañamos dous premios ó noso esforzo e compromiso co coidado do medio ambiente dentro do programa Voz Natura no que vimos participando!

O bosque: Últimas investigacións e comezo das tarefas de finde curso!

Esta semana revisamos o traballiño do libro e a todas as tarefiñas que fixeron coa  profe Uxía, e traballaron un montón! Así, comezamos as últimas investigacións sobre unha planta típica dos bosques galegos e que vemos moi a miúdo: os CROQUES !

xoves, 4 de xuño de 2026

TEATRO A CARGO DO CLUB DE TEATRO DA BIBLIOTECA

 O alumnado voluntario do Club de Teatro pechou o curso coa representación da obra que preparou ao longo de todo o ano. Tras moitos recreos de ensaios, esforzo e ilusión, ofreceron un magnífico pase para o alumnado de Infantil.

Os disfraces, a escenografía e, sobre todo, o gran traballo dos actores e actrices fixeron que a obra fose todo un éxito. Parabéns por tanta dedicación e por regalarnos unha actuación tan especial!

domingo, 31 de maio de 2026

O BOSQUE 4 ANOS

 


Continuamos investigando as árbores da nosa contorna...