Voltamos das vacacións de Entroido e falamos do noso disfraz, traballamos a D de Dani e seguimos enchendo o noso recanto do bosque de sabedoría.
venres, 27 de febreiro de 2026
D de Dani e máis sobre o bosque
O BOSQUE: CATRO ANOS
Durante estas semanas seguimos a traballar os animais do bosque de Cospeito. Pouco a pouco seguen chegando cousas novas para o recanto do proxecto, que nos axudan a aprender, investigar e descubrir máis sobre os animais e o seu hábitat.
Grazas ás achegas de todos e todas, o recanto vaise enchendo de materiais interesantes que fan o noso traballo aínda máis especial.
xoves, 26 de febreiro de 2026
ACTIVIDADES DAS FAMILIAS DE CATRO ANOS
A mamá e o papá de Antón viñeron ao colexio para contarnos o conto A mellor sopa do mundo. Primeiro narraron a historia mentres Antón ía botando os ingredientes na pota.
Despois falamos dos animais que aparecían no conto e do que traía cada un deles para facer a sopa. A continuación, fixemos a nosa propia sopa: pintamos os ingredientes, recortámolos e metémolos na pota. Finalmente, puxemos o título do conto.
Todo isto fíxose coa axuda da mamá e do papá de Antón.
Moitas grazas por vir e por compartir con nós este momento tan especial.
mércores, 25 de febreiro de 2026
Busy bee!
sábado, 21 de febreiro de 2026
xoves, 19 de febreiro de 2026
venres, 13 de febreiro de 2026
xoves, 12 de febreiro de 2026
luns, 9 de febreiro de 2026
sábado, 7 de febreiro de 2026
O bosque e a U de Uxía
venres, 6 de febreiro de 2026
mércores, 4 de febreiro de 2026
CHARLA DA MATRONA PARA 5º E 6º DE INFANTIL
A matrona que nos visitou hoxe no colexio falounos do seu traballo dun xeito moi próximo e adaptado á nosa idade. Moitas grazas a ANPA por facer posible estas charlas tan necesarias.




.gif)
.gif)
