venres, 12 de novembro de 2021

XOGANDO CAS CORES

 

Seguemos co conto das cores, despois de tanto fume apareceron 

unhas nubes moi peculiares! e a chuvia de que cor é?pinta máis gotas ata que che mollen os pés



clin,clin clin!as gotas xa non mollan convertéronse en follas, a ver se sabes se son todos os talos iguais. Sabíao!é unha cola de guepardo.


Oh que longa é transformouse de amarelo a verde, segue a líña co dedo para descubrir o misterio. Que cara de enfadada ten esta serpe! Segue o recorrido co dedo e chama a esa porta a ver que hai dentro


Ten coidado, está moi escuro. hai ollos grandes e pequenos, cerra a boca con forza e pasa en silencio...ohhh encendeuse a luz. Que animal apareceu? MORCEGOS

Seguimos facendo cousas coas nosas mans como cociñar con plastilina: pizzas, xeados, ovos...

Tamén cociñamos uns espaguetes de moitas cores espectaculares

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!