venres, 19 de novembro de 2021

O NOSO CONTO CONTINUA

 

Que ramas!!!

E cantos veciños dos morcégos, buscamos e rebuscamos para atopar o páxaro distinto e finalmente fixemos as nosas follas e páxaros



Mira, ahí está o ovo do comezo, voamos con ás imaxinarias para que o paxariño poda chegar ao seu destino, cubrimos o ovo coas mans para darlle calor e de repente, cantas cores!!!! o ARCO DA VELLA

Esta semana tamén coñecemos que é o tacto e que coas nosas más podemos sentir diferentes texturas, comezamos vendo primeiro un vídeo onde nolo explicaba moi ben

Despois tocamos diferentes texturas para ir interiorizando os conceptos de ÁSPERO, SUAVE, RUGOSO, LISO e tamén FRIO, QUENTE e LIXEIRO, PESADO.

 Outro día xogamos na caixa misteriosa a intentar adiviñar que se atopaba escondido co sentido do tacto

e finalmente marcamos na ficha o que se agochaba dentro da caixa.
O fin de semana temos de deberes que tocar moitas cousas e ver que sentimos, o luns a ver que contan!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!