venres, 26 de novembro de 2021

OLFATEANDO E...

 



MAQUETA DA SETA
Comezamos a semana rematando a maqueta da seta. Empregamos cartóns, hueveras, témperas, lapis de cores e moita imaxinación. Quedáronlles unhas maquetas moi divertidas.  


TALLER DO OLFATO
O martes puxemos a traballar o noso olfato. 
Tapamos os ollos e traballamos co olor para descubrir o que se escondía entre as nosas mans. Olfateamos en primeiro lugar vinagre,  de 2º café e en último lugar, colonia.


Despois pegamos a pegatina do olor que nos parecía que era. Entre todos escribímolos.
Aproveitando que tiñamos café na clase, decidimos pintar con el. 
Quedaron unhas obras de arte con moito olor.
Seguimos xogando cos números, desta vez xogamos a descompoñelos. 
Esta semana coñecemos unha nova letra "pequena": a m. Primeiro empezamos a practicala nas nosas pizarras máxicas. Tamén seguimos practicando a p e as vogais. 

Rematamos o proxecto do  OUTONO e para iso elaboramos unha portada ben bonita. Fixemos un caracol. A cuncha fixémola con papel de xornal. Pintámolo con acuarelas e despois adornámolo con "brilli brilli". Ao final do trimestre veredes todo o que traballamos neste proxecto de temporada.




Que sentido nos queda por ver para a  vindeira semana? 

Bo fin de semana!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!