venres, 12 de novembro de 2021

ESCOITAMOS E OÍMOS

 

Esta semana estivemos facendo dous talleres relacionados cos sentidos. Traballamos o oído e a vista.

Tamén estivemos moi entretidos cun xogo novo e descubrindo as letras "pequenas" do noso nome.

TALLER PARA DESCUBRIR DIFERENTES SONS (MARTES 9 DE NOVEMBRO)

No ordenador soaron 3 sons diferentes, o primeiro foi un canto dun paxariño, o segundo a choiva e o terceiro música que saía dun radio. Acertaron todos á primeira estes sons, foron moi doados!!!!


Escribimos entre todos o son recoñecido e fixemos os debuxos de ditas audicións.


TALLER DA VISTA (MÉRCORES 10 DE NOVEMBRO)
Xogamos o xogo do vexo vexo entre todos na aula. Despois cada un debuxou algo que lle gusta da clase e intentou escribir o que debuxou.



Estos días estamos aprendendo que somos capaces de facer un montón de cousas, solo temos que concentrarnos e pouco a pouco todo vai saíndo. 





Os sentidos empregámolos todos os días no que facemos. Esta semana descubrimos as letras pequenas do noso nome. Debemos empregar moi ben o sentido da vista para fixarnos moito. Ademais de moita paciencia, porque non vai saír a primeira. Pouco a pouco conseguirémolo!!!!!


O martes tamén estreamos un xogo novo, onde hai que ter moita vista para que non nos caiga a torre de números. Traballamos a recta numérica do 1 ó 10 e a descomposición de números ata o 6!! ao principio costou manter a torre en pé pero foi moi diver!!!!







A vindeira semana seguiremos facendo máis talleres dos sentidos!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!