venres, 19 de novembro de 2021

AS MANS: XOGO, FALA e CONSTRUCIÓN.

Esta semana continuamos coas mans e cousiñas que se poden facer con elas. Nesta ocasión: xogos, fala e construción!!!

Comezamos co xogo

e para iso fixemos un xogo divertido: TWISTER de DEDOS!

Preparamos taboleiros e dados para poder xogar e dende que collemos a dinámica foi divertido!

Logo chegou o decubrimento das señas para falar. Na chuvia de ideas inicial do proxecto dixeron que coas mans se podían facer xestos, e esta semana descubrimos que, ademais dos xestos habituais que coñecemos de saudar, sinalar, de vitoria, de "ben feito", si e non, etc., existe todo un idioma para poder comunicarnos. 

Así, signamos o abecedario de LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA e sobre todo practicamos os xestos das iniciais de clase. Empregamos esta linguaxe para cazar letras na ficha de traballo escrito que lle adicamos e desciframos varias mensaxes misteriosas. Déuselles sorprendentemente ben!

Aquí podedes ver como signaron as súas iniciais.


Tamén vimos e probamos a signar os nomes de varios animais. Foi o vídeo que máis nos gustou e quixemos compartilo con vós.


Continuamos coa construción, que como na realidade, non é un traballo doado!
Primeiro por grupos tiveron que poñerse de acordo no que querían construír e foi algo dificil. Ó fina o equipo VERMELLO decidiu facer un gran SOL, o equipo AZUL unha gran MURALLA, e o equipo VERDE un CASTELO CON ANIMAIS e no que cae un RAIO.
Logo comezamos a traballar en equipo e tampouco foi algo sinxelo, xa que traballar en equipo significa negociar.



Deixámolo recollido en papel e quedou moi  ben!

Continuará...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!