venres, 12 de novembro de 2021

AS MANS: COCIÑA, MÚSICA, CONTEO E RELAXACIÓN !


Esta semana seguimos con cousas para as que podemos empregar as mans. A primeira que
vos queremos mostrar é unha que nos quedou sen ensinarvos a semana pasada e que fixemos á raíz das receitas de Samaín, foi cociñar unha ENSALADA ESPECIAL. 
Como non podemos cociñar de verdade de momento este curso, fixémolo con cores e formas. Fixémolo xogando a seguir a receita que nos ían indicando as cartas de formas xeométricas, de letras, números e outras variadas, cartas de tamaño, de cantidade e o dado que nos marcaba as cores. Seguimos moi ben a receita e quedou unha ensalada espectacular que case podíamos saborear e que a cada un lle tiña un sabor diferente!
Aquí as podedes ver.


Nesta semana o que vimos e probamos foi a facer MÚSICA coas mans. Primeiro
vimos uns vídeos de persoas facendo música coas mans. E logo de practicar un pouco saiunos moi ben o ritmo dunha canción coñecida que é bastante sinxelo de imitar. Aquí o deixamos para que nos vexades! (Saímos polo medio do vídeo colaborando: 0:15)
Esta semana tamén usamos as mans para CONTAR, algo que facemos moitas veces sen darnos conta. Practicamos e fixemos unha ficha para asociar a cantidade e a grafía de cada número. Fixérono moi ben!

Aproveitamos para probar un xogo novo de contar dedos e presionar o número correspondente. Contamos despaciño e ou recoñecíamos o número ou íamos contando ata atopalo. Saiunos xenial!

Deixámolo para que poidades probar! Podedes premer na imaxe ou AQUÍ

 Por último, falamos da RELAXACIÓN empregando as mans a través do movemento de dedos, do conteo acompañado de respiracións lentas e os masaxes nas mans e dedos (reflexoloxía) .
Algunhas destas técnicas xa as coñecíamos de cando comezamos a traballar co ioga, as respiracións e xestión das emocións. Ademais serviunos para retomalo e recordar poñelo en práctica cando nos enfadamos, estamos nerviosos, cando nos molestan, etc.
Déixovos un par de actividades que realizamos e que decidimos compartir con vós para que as probedes na casa.
Actividade relaxación dedos.

Actividade BICOS DE DEDOS.

Aquí estamos probando 3 técnicas de reflexoloxía.

Aquí nos podedes ver preparándonos para a actividade BICOS de DEDOS moi concentrados!

En clase cada un pintou as súas propias cariñas para a sesión. Xa estabamos listos nun  momento!


Primeiro practicamos os biquiños e deixamos un pequeno vídeo para que vexades as prácticas.

Agardamos que desfrutedes probando na casa!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!