Esta semana pasada adicámonos a experimentar co TACTO. Empregamos as XEMAS dos nosos DEDOS e fixámonos primeiro no sensibles que son e nas nosas pegadas.
Logo usámolas para
descubrir texturas diferentes e distinguir entre descricións básicas de ÁSPERO, SUAVE, LISO e RUGOSO. Para isto comezamos con papeis de diferentes texturas cazando as palabras que se relacionaban co que sentían os nosos dedos ó tocar... e non sempre foi sinxelo!Despois experimentamos outras sensacións como BLANDO e DURO, FRÍO e QUENTE, PESADO e LIXEIRO...
Tamén tivemos tempo para xogar ás adiviñas co noso tacto e coa nosa casiña misteriosa. Primeiro, un por un, apalparon sen mirar obxectos e divertíronse tentando adiviñalos. Foi moi entretido e déuselles moi ben.
Logo cada grupo tocou con coidado un obxecto e fixeron as súas hipóteses do que podería ser. Esta vez non foi moi sinxelo. Os que estaban de acordo escribiron xuntos e debuxaron o que pensaban que tocaran e os que non estaban de acordo fixérono tamén coa súa teoría. Logo comprobamos se acertaramos e houbo de todo!
Tamén fixemos unha ensalada de formas en papel e no aire co noso dedo FURABOLOS.
Por último, falamos de aloumiñar e o que nos fai sentir, que non sempre se sinte so nos dediños, senón que se sinte no corazón. Ese xesto cariñoso que facemos para transmitir amor á familia, amigos e mascotas.
No traballo de mesa cazamos palabras, formas e resolvemos un labirinto para aloumiñar un canciño, saíunos moito mellor que a última vez que o tentaramos!
Levamos para casa os deberes de probar as reaccións da nosa contorna ó aloumiñalos.
Tamén vimos un vídeo sobre o tacto para repasar e saber máis.
Esta semana máis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!