TALLER DO GUSTO
Saboreamos a merenda do luns, o plátano é doce ou salgado?Probamos o sal para descubrir que sabor ten.
E o limón?. O mércores exprimimos uns limóns e houbo opinións para todos os gustos sobre o seu sabor. Para uns rico e para outros ácido.
A profe sempre se despide de nós cun bico de sabores. A que sabe o bico de sabores da profe? Cada un debuxou o sabor do bico e intentou escribilo.
Rematamos a semana co magosto. E a castaña é doce, salgada ou ácida?
Esta semana comezamos a trazar a primeira consoante en letra "pequena": a p. Hai moitas palabras con esa letra pero temos unha moi importante para nós. Os nosos papás. Temos uns papás moi guapos. Uns debuxos moi chulis.
Bo fin de semana!! Toca descansar para volver o luns equipo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!