OUTUBRO remata e con el días de aprendizaxes da estación na que estamos.
No outono o que máis vemos son as follas. Están nas árbores, no chan e ata entran no cole para facernos compañía. Temos un segredo que contarvos; as follas bailan e voan. Ssshhhh!!!!
Temos o noso mural da arte cheíño de grandes obras plásticas e poéticas. Esta é a poesía coa que estivemos traballando.
Na semana de SAMAÍN aproveitamos a nosa imaxinación para crear unha cabaza monstruosa. A cabaza é un dos froitos máis característicos do outono.
Lemos un conto super divertido. CARABUÑAS, e decidimos decorar a nosa cabaza deste personaxe tan particular.
Aí temos as nosas castañas que plantamos, pero a pesar de velas todos os días e regalas aínda non xerminaron. Seguimos esperando....
Nesta semana xogamos o xogo dos fantasmas. Mediante as súas caras identificamos cores e números e tamén nos metemos pequenos sustiños...BUUUU!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!