venres, 1 de outubro de 2021

SOL: AS PLANTAS!


Esta semana continuamos co proxectiño ó redor  do SOL investigando cousiñas das que falamos en clase os primeiros días.
Unha das cousas que recordaban
os nenos e nenas da clase era que o SOL ademáis de darnos calorciño para ir á praia, á piscina ou de paseo en manga curta e gorra, tamén daba a luz e enerxía que necesitaban as plantas para poder vivir e crecer ben fortes. Así o vimos o ano pasado co experimento coas lentellas e así o experimentamos este ano plantando HERBA DE GATO!
Para facelo vimos uns vídeos e lemos as instrucións do sobre de SEMENTES. 





Comprobamos que tiñamos todo o necesario e puxémonos mans á obra en cada grupo para facer a nosa plantación.

Xa vos mostraremos como seguen. pero de momento crecen bastante diferente. Seguremos observando!





Acollemos na clase tamén unha CICLAMEN que é unha planta con flor que se da en inverno e non precisa moita luz, polo que cremos que nos durará na nosa clase.
Fixámos no CICLAMEN  e falamos das súas partes. investigando con atención e fixemos a nosa propia planta coas súas partes. 




Puxemos brillantina para a SEMENTE, la marrón para a RAÍZ, papel de seda verde enroiado para o TALO,  FOLLIÑAS recortadas de papel verde e fixemos as FLORES con témperas de cores. Ademais decoramos con rotus de cores as macetas. 


Quedou xenial !!!

Pouco a pouco imos montando un espazo da NATUREZA na aula, e para acompañar á herba de gato e o ciclamen plantamos nestes días unha planta que agardamos que vaia crecendo neste curso: PENSAMIENTOS. Esta planta crece tamén en condicións semellantes ó ciclamen e agardamos que xermine. 

Para facelo primeiro vimos un vídeo e logo puxémolo en práctica. De SEMILLEIROS reutilizamos unhas caixas de ovos que nos gardan d cociña. e agora para regar empregamos unha botelliña vella que gardamos das augas que traemos, xa que bota pouquiña auga e non nos encharca as plantas.



Aproveitamos tamén para saír explorar o patio en OUTONO. 


Fixámonos nas follas dos árbores, nos ourizos, castañas, bellotas, nunhas setas, no musgo, tocamos o chan húmido... Aprendemos abrir os ourizos cos pes para non pincharnos na busca de castañas e recollemos elementos de outono para a nosa mesa da natureza. Xa na aula falamos do que observamos, cores, sensacións... 



Para poder plantar as poucas castañas que atopamos, vimos un novo vídeo que daba truquiños para que naceran máis doado. 

Así, o primeiro que recomendaba era deixalas en auga. Así comprobamos que algunhas flotaban e seguramente non nacerían e dámoslles a oportunidade de hidratarse para tentar facelas xerminar. 


Ó día seguinte selecionamos as CASTAÑAS e LANDRAS que non flotaban para tentar facelas crecer.
Moitas flotaban e tivemos que descartalas. O resto plantámolas seguindo as instrucións dun vídeo especializado. A ver se temos sorte!!!
Polo momento miraremos se sae raíz. Se sae coidarémolas e poñerémolas ó crecer nun recipiente máis grande.

Recollemos todas as plantas nun espazo da NATUREZA que temos na aula.

Nestes días retomamos outra das suxestións dos nenos e nenas da clase que falaron do SOL en relación a que nos da LUZ, e con ela estivemos traballando. Pero isto é outra historia e seguirémos contándoa a próxima semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!