venres, 8 de outubro de 2021

SOL: DÍA E NOITE, LUZ E SOMBRA!


Seguimos co SOL, pero esta vez fixámonos nalgo que saíu varias veces na clase... que non sempre está!!! Resulta que ás veces é DÍA e ás veces é NOITE!!!
Así que fixámonos neste feito e nos seus detalles cun par de vídeos que fomos analizando na clase.


 
Pola noite sae a LÚA e escurece, polo que case non vemos. Logo aparece a luz do SOL e menudo cambio! Pero... Por qué hai día e noite?
Vemos un vídeo para descubrilo.


Logo fixemos un experimento  para vivenciar o paso do día á noite para comprender cómo sucede ó tempo que identificamos ambos momentos do día. Para facelo falamos de qué necesitaríamos e apidamente dixeron que luz e escuridade.
Primeiro o encargado fixo de SOL e iluminou unha mini TERRA que temos. Logo pegamos unha persoa de xoguete e un axudante fixo rotar a Terra e fixámonos en cándo era día para esa persoa e cándo era noite. Logo os demais foron vivenciando o DÍA e a NOITE rotando e identificando o día e a noite segundo lles daba o SOL ou non. 
Rematamos como sempre plasmando en papel o que investigamos.

Outra cousiña na que traballamos foi as cousas que pasan polo DÍA e cousas que ocorren pola NOITE:
Desaiunamos, ímos ó cole, xogamos, comemos, descansamos... E pola noite ceamos, aseámonos e ímos durmir.
Participamos nun xogo na pantalla para clasificar momentos que vivimos habitualmente.

Para recordar o que falamos e traballamos no xogo da pizarra resumímolo clasificando cousas relacionadas co día e a noite en papel.


Tras tanto falar do SOL, o DÍA e a NOITE, lemos un conto moi divertido no que se apaga o SOL!!! Aquí o deixamos por se vos apetece repetir!


Seguimos traballando en papel aprendendo cousiñas, como a canción de "SOL, SOLECITO" que nos sae xenial!!!

O conto "A CANCIÓN DO SOL" tamén nos encantou porque segundo o íamos lendo víamos cousiñas que os animais do conto non sabían... pero nós si!!!


Ademais logo do experimento do día e da noite falamos da sombra, ese espazo no que non chega a luz e convertémonos en CAZADORES DE SOMBRAS!

Rematamos cunha busca en grupos  sobre o día e a noite nos contos da biblioteca de aula, na que logo saíron presentar as súas pesquisas de un en un ou por parellas. 

Todos realizaron a actividade explicando escenas dos contos nas que interpretaban que era de día ou de noite e explicaban as razóns polas que escolleran no grupo esas partes dos contos e respondendo preguntas sobre os descubrimentos. Así, todos mostraron o que aprenderan nestes días.

Fixérono xenial, e iso cando traballaron en grupo tiveron que poñerse dacordo, o que non é fácil e que logo tiveron que expoñer diante de todos. Sen embargo,  explicáronse moi ben dando moitas veces detalles sobre o que interpretaban da imaxes e xustificándose. Poden estar moi orgullosos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!