Deixamos o enlace das actividades que se levaron a cabo
PREMER AQUÍ NO SEGUINTE ENLACE
CLASE VERDE
No outono e tempo de cabazas e na clase dos maís pequeniños vimos o conto de corre corre, cabaciña e a súa canción:Despois coloreamos co pincel as nosas cabazas
Tamén aproveitamos a época é coa axuda de todos/as valeiramos e preparamos unha cabaza parecida a da avoa do conto.
Tamén coas nosas mans fixemos monstruos de Samain para decorar os nosos corredores
Na clase de auzul primeiro, creamos MONSTROJOS! Quedaron moi chulos!
En INGLÉS e PLASTI de PLURILINGÜISMO crearon MONSTROS terribles!!!
Tamén fixemos personaxes de SAMAÍN que elixiron eles mesmos e que fixeron empregando as súas mans. Decidiron cómo serían e fixéronos con moito coidado e están decorando o noso corredor terrorífico!
Por último crearon unha cabaza doble. Logo de investigar unha chea de modelos e de opcións decidiron que querían unha cabaza da tartaruga LEONARDO e de VAMPIRO. Elixiron vampiro por ser unha personaxe de medo e que saía nun dos contos desta semana: EL VAMPIRO EDELMIRO. E a tartaruga por ser unha especie de heroe e por ter unha cara de medo e unha antimedo. Traballaron oito e quedou estupenda!
Hoxe venres fomos caracterizados e ían xenial!!!
CLASE de VERMELLO
Comezamos a semana creando CABAZAS DIVERTIDAS e MONSTRUOSAS.
Participamos nun decorado conxunto cos nosos compañeiros e compañeiras de infantil. Estampamos as nosas mans con témpera de diferente cor para transformalas en MONSTRUOS DE SAMAÍN. Despois colgámolos no corredor das nosas clases.
O xoves e o venres, lemos un conto propio desta época e decoramos unha cabaza que ten certo parecido a un monstruo moi divertido. CARABUÑAS.
Esta semana escoitamos diferentes cancións, deixámosvos a que máis nos gustou. SAMAÍN de Brinca Vai.
FELIZ SAMAÍN PARA TODOS E TODAS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!