Comezamos novo proxectiño!!! Nesta ocasión, e visto que nos gustou antiormente facer experimentos e manualidades, falamos na clase sobre qué podíamos facer
neste primeiro trimestre do curso. Queríamos estar de acordo e que fora cal fora o tema eles aportaran ideas. Saíron moitas cousas, pero todas relacionadas coas nosas MANS.
Así, á volta da ponte examinamos o contido dunha bolsa misteriosa na que atopamos unha chea de cousas. Un por un foron sacando obxectos e comentándoos. Rimos moito e estabamos moi intrigados. Ó principio non atopabamos relación, pero logo démonos conta: todo se relacionaba coas MANS!!!
Así, falamos todos xuntos das cousas que sabíamos sobre as nosas mans e sobre as mans doutras persoas. Todos comentaron o que lles gustaría facer con elas na clase e do que non sabían sobre elas.
Anotamos todo sobre a nosa chuvia de ideas e demos comezo a este novo proxecto con moitas ganas xa que saíron moitas propostas chulas.
A idea e pasar por todo o que se mencionou e ampliar coas propostas que poidan ir facendo.
A profe recolleu todo o falado e ó día seguinte repasamos todo o falado en papel para que non se nos esquecera nada ou por se a profe esquecera anotar algo. Tamén o imprimimos en grande e ímos apuntando todo o que imos facendo.
Antes de nada comezamos polo básico, que é localizalas e fixarnos nos seus detalles. Para isto localizámolas no noso corpo e en papel, contámolas, contamos os dedos de cada man... Logo plasmámolas na primeira ficha. Cada un marcou a súa man, elexiu unha cor de outono, pintouna con pincel e plasmouna na marca que fixera. Xa somos moi autónomos!
Localizadas fixámonos nas nosas mans e nas dos compis. Tiñan cores diferentes, algunhas tiñan lunares, os tamaños eran diferentes... E é que como cada persoa, cada man é distinta. Vimos imaxes de 3 mans diferentes e 3 caras e fixemos teorías sobre de quén podían ser e por qué. Emparexar foi fácil, pero dicir por qué non foi tan sinxelo! Así, comezamos fixándonos nas diferenzas, e unha vez collido o truco, foi máis sinxelo describilas para saber por qué querían emparexalas.
Unha vez localizadas e contadas pasamos a coñecer as súas partes. Xa coñecíamos case todas as partes e relacionalas foi sinxelo. Fixémolo amosándo ós compis cada parte e logo fixémolo na pizarra dixital. Rematamos recolléndoo todo en papel. Buscar as palabras foi outra tarefa na que estiveron moi atentos!
Como queríamos ir decorando un pouco as fiestras e estamos traballando a estación de outono, empregamos as nosas mans, concretamente os nosos DEDOS, para facer as follas dunha árbore de outono. Para facer as follas deixaron as súas pegadas coas cores de outono: marrón, amarelo, laranxa e vermello. Quedou moi chula!
Examinadas as partes da man pasamos ós nomes dos dedos e foi moi divertido coñecer algúns dos nomes que se lles da!
Primeiro dixeron os nomes que coñecían e logo coñecemos outros nomes que teñen en Galicia. Algúns son moi simpáticos.
Recollémolos nunha man grande para a nosa fiestra.
Ó tempo que íamos coñecendo o básico das mans, foron facendo propostas sobre o proxecto. Sinalaron que debíamos facer 2 MANS grandes e non só a dos nomes dos dedos, xa que temos dúas e non sabemos cal é cal. Así imos practicando para recoñecelas. Sabían que unha era a DEREITA e outra a ESQUERDA. Fixámonos en qué man acostumabamos a empregar para facer distintas cousas. Sinalaron que case todo o facíamos coa man dereita, pero que había xente que emprega a esquerda para esas mesmas cousas, e algún ata sabía que esas persoas son chamadas ZURDAS.
Así, pintamos 2 mans grandes con cores diferentes e decoramos as súas iniciais: D e E.
Estamos repasando todas as letras e empregámolas para practicar a ler moitas cousas cada día. Así, escribir D e E nas mans axúdanos a recordar o nome de cada unha e repasar cando queiramos.
Foi unha gran idea e proposta a que fixeron e quedaron moi ben! Xa as temos colocadas no frente da clase para recordar qué man é cada unha e ir aprendéndoo pouco a pouco.
Seguiremos a próxima semana con máis cousiñas que temos pendentes, pero queremos deixarvos un xogo que fixemos coas nosas mans. Podedes xogar a e tentar recoñecer a ver se atopades algunha man coñecida e fixándovos en cada dedo ou parte da man!!!
(Deixamos tamén escrito por se non coñecedes, xa que é moi difícil)
XOGO dos DEDOS.
De quen so estes dedos?
- MEÑIQUE, PEQUENO ou MAINIÑO: ENZO.
- ANULAR ou MEDIANO: IVANA.
- CORAZÓN ou PAI de TODOS: MARTÍN.
- ÍNDICE ou FURABOLOS: LEIRE.
- POLGAR ou MATAPIOLLOS: IZAN.
XOGO das PARTES da MAN.
De quen é cada parte da man?
- DORSO: DAVID.
- PALMA: DANIELA.
- PUÑO: XOEL.
- UÑA: LUCÍA V.
- NUDILLO ou COTOBELO: RUTH.
- MUÑECA ou PULSO: XELDA.
- DEREITA e ESQUERDA: ADAM.
- XEMA: LUCÍA R.
- PEL (PELIZCO DE PEL): TEO.
Agardamos que desfrutedes cos xogos, moita sorte!
A próxima semana seguiremos con máis😄
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!