venres, 29 de outubro de 2021

CANTA COR!

 

 Comezamos un novo conto!!!
Neste conto temos que mirar, pensar, imaxinar, crear,cantar, dar palmadas...somerxemonos nesta nova aventura
 que é esto?que fai aquí? damos unha palmada, vamonos divertir!!
Uy!algo grande pasou


Damos tres palmadas e miramos a outro lado!!Marabilloso cantas cores!

e agora se damos moitas palmadas, que pasará?
Ala!!!han explotado, son bellísimas!

As nosas letras!!!

Ao mesmo tempo estivemos coñecendo algunha canción  para axudarnos a debuxarnos!
                           Eu teño unha cariña que é unha casiña
                           os ollos son as ventás que se abren polas mañas
                            a boca é unha porta que abre é pecha
                            o nariz é o timbre que fai  riiiiiinnnnnn


tamén nos fixamos nas nosas mans e as contamos e as localizamos nos debuxos...logo as plasmamos na ficha e nas nosas ventanas das cores de outono



Así de bonitas nos quedaron as ventanas!!


Coas nosas mans tamén fixemos os monstros de Samain para decorar os nosos corredores



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!