venres, 8 de outubro de 2021

O OUTONO

 

 ¿QUE PASA NO OUTONO?

Cando comezou o outono, entre todos debatimos como nos ia cambiar o tempo. Un dos elementos que máis nos chamou a atención foi a cor das follas, por iso elaboramos a partir das nosas mans, estas follas de outono.

Na última semana de setembro demos un paseo polo cole, observando as árbores, as follas, buscando algún froito... 


Atopamos ourizos, castañas, landras, follas, e decidimos facer unha "artistada" das nosas, na que estivemos enredados uns días. 

Primeiro, pintamos o tronco das árbores con pinceis e témpera.

Unha vez que secou,  volvemos coller témpera (coas cores do outono ) e desta vez collemos uns bastoncillos para pintar as follas.


Terceiro, decidimos empregar as acuarelas para facer o campo.



Por último, debuxámonos coas ceras de madeira na nosa paisaxe de outono.


Quedaron uns cadros moi fermosos.

Ao longo destas semanas seguiremos descubrindo os cambios que hai no outono, pero mentres tanto...

DESFRUTADE DA PONTE! VÉMONOS MÉRCORES!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!