Primeiro traballamos unha canción en
castelán que xa coñecíamos e que adoitamos a cantar bailando coas mans: "CINCO LOBITOS". Con ela traballamos moito os números ata o 5 e sobre a letra da canción para cazar letras e palabras. Xa se nos da xenial!Buscamos no ordenador vídeos da canción escribindo con coidado o título e logo eleximos para vós a que máis nos gustou para que a puidesedes desfrutar na casa.
Tamén coñecimos unha "retahíla" típica en Galicia que algúns coñecían e outros non. Tamén nos serviu de apoio para o traballo de clase.
Como estabamos con tradicións e mans aproveitamos esta semana para empregar as MANS no SAMAÍN!
Descubrimos que o Samaín é unha celebración de orixe celta. A tradición celta marca que na última noite do mes de outubro, celébrase a festa do fin da época das colleitas. Así, a noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas boas visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento e afastamos as malas con cabazas decoradas.
Tamén fixemos personaxes de SAMAÍN que elixiron eles mesmos e que fixeron empregando as súas mans. decidiron cómo serían e fixéronos con moito coidado e están decorando o noso corredor terrorífico!
Por último crearon unha cabaza doble. Logo de investigar unha chea de modelos e de opcións decidiron que querían unha cabaza da tartaruga LEONARDO e de VAMPIRO. Elixiron vampiro por ser unha personaxe de medo e que saía nun dos contos desta semana: EL VAMPIRO EDELMIRO. E a tartaruga por ser unha especie de heroe e por ter unha cara de medo e unha antimedo. Traballaron oito e quedou estupenda!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!