Hoxe visitounos a familia de Alen para contarnos o conto "Hay una vaca en mi cama" escrito por Daniel Fehr e ilustrado por Jorge Martín.
Primeiro contaron este conto no que unha vaca parece que está tomándolle o pelo a unha familia antes de ir durmir.
Logo Mía explicounos a manualidade traía preparada para amosar e que fixeron a continuación. Pintaron con rotus fosforitos e recortaron con coidado.
Quedaron unhas marionetas de vacas ben divertidas!
Logo chegou a sorpresa, apagamos a luz como cando imos durmir... E as vacas brillantes apareceron por todas partes! (Agardamos que hoxe os deixen durmir e non fagan pillerías!)
Para facelo empregamos a lámpada de luz azul do cole e rotus fosforitos para pintar as vacas. Podedes facela caseira de forma sinxela se queredes. Só precisades unha lanterna led (non moi potente, mellor curtrilla), un rotulador permanente azul e fiso transparente. Logo ponse sobre a luz un cachiño de fiso e píntase de azul, logo outra capa e así polo menos 4 ou 5 capas (hai que ir probando segundo o potente que sexa a luz). Apagamos luces, prendemos a nosa luz negra caseira, e listo!
Foi unha sesión xenial coa familia de Alen A., moitas grazas por participar e visitarnos!!!







Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!