Rematamos o mes de abril con visitas que tanto nos gustan. Hoxe veu a nosa clase a familia de Leo López contarnos un conto.
Que pode facer unha avestruz coas súas ás senon consegue voar? Pode brincar, aplaudir, saudar, dar moitas apertas...
Os nenos intentaron voar como a avestruz para axudarlle porque era o que máis desexaba.
Rematamos o conto e fixemos unha avestruz de actividade. Leo repartiu as avestruces para pintalas e escolleu as cores: azul e rosa. Alma, a súa irmá, repartiu as ceras.
Pintamos con dúas ceras á vez.
Os papás de Leo López, Marcos e Cristina, ian vendo o ben que decorabamos a avestruz. Unha vez que rematamos de colorear, co noso dedito máxico e a témpera de cor dorada pintamos o pico.
Alma axudoulles aos seus papás e rapidamente recortaronnos as avestruces.
Leo axudoulles aos seus papás a escoller as plumas para poñerlles as avestruces dos seus compañeiros/as.
Que orixinais quedaron estas avestruces!!!
Rematamos poñendolle un pouco brilli brilli na cabeza.
Moitas grazas familia por vir pasar un ratiño a nosa aula. Pasámolo moi ben. Ata a seguinte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!