Esta semana traballamos a letra da nosa compi Bela e coñecemos a P da profe Paula. Visitounos unha pita, plantamos leitugas na horta e coñecemos os fillos dos xabaríns.
Montando o gusaniño dos números para que entre todos identificar as grafías.
Coa profe Paula profundizamos nas características das imaxes que nos ia mostrando, cores, tamaño e lugares onde aparecían.
Fixemos de caracois e bolboretas.
A letra de Bela é super fácil. Un palito e dúas barrigas, non confundila coa de Dennis e Dani, que é un palito con unha barriga. Dito isto, toca practicar.
Debuxando a cara na letra de Bela.
A recoñecer e practicar o seu nome, porque son letras que xa coñecemos.
Cazando e pintando a B.
Decorando con gomets.
Pegando o nome de BELA e repasando as súas letras.
Debuxando a nosa compi e poñendo o seu nome.
Quen sabe quen son os raións? Son as crías dos xabaríns. Comen landras, insectos, castañas e podemos velos en calquera lugar de Cospeito.
Unha vez que pintamos o crebacabezas pegamos e montámolo.
Manualidade desta semana: un xabarín na nosa man. Primeiro estampamos a man nun folio de cor marrón.
Xogos de mesa: series con flores, buscar a sombra de animais e plantas que aparecen no bosque. Buscar letras para facer palabras baixo un modelo e seguir contando cos policubos.
Pintamos unhas flores, unhas para o mural de fóra e outras para xuntalas as nosas abellas.
ARTISTADA DAS NOSAS: 1º tarefa, poñer o nome e estampar a nosa man de vermello, da cor do noso mandilón.
2º tarefa: debuxar a cara dentro da nosa man e a partir dela facer o corpo.
Quedou un mural super orixinal e xa loce na nosa clase como a nosa gran obra de arte.
Dennis encántalle o conto dos 3 porquiños e coa axuda dos seus papás fixeron este debuxo coas casas incluidas e de cores diferentes tan chulo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!