Clase de vermello
A través do tacto imos descubrir que nos transmite a terra. Tocamola, preguntamonos se está fría ou quente, se é suave, se nos manca nas mans, se nos mancha as mans.
Tocámola, preguntamonos se está fría ou quente, se é suave, se nos manca nas mans, se nos mancha as mans.
É hora de plantar o noso fresón. Contamos cantas follas tiña.
Clase de verde
Plantar un fresón é un xesto sinxelo que agocha unha grande recompensa: o pracer de ver medrar a vida e, co tempo, saborear o seu doce froito.
Primeiro botamos a terra
Fixemos un burato no medo e metemos o fresón, despois volvemos cubrir con terra e presionamos ao redor. Despois regamos con mimo, sen encharcar, mantendo a terra húmida pero non afogada.entre coidados sinxelos e un pouco de paciencia, chegarán as flores brancas e, máis tarde, os pequenos tesouros vermellos: os fresóns.
Plantando fresóns!
Coidarémolos e agardamos que crezan fermosos!
NA HORTA
O xoves en compañía dos nosos compis de 6º EP fomos a horta e plantamos leitugas de tres clases diferentes. Os de 6º EP plantaron brócoli.
Pasamos un momento divertido gozando da terra e da plantación. Ademais observamos como está o espazo verde.







Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!